Site icon Crónica3.com A Mariña

Raquel Arias: “non haberá vicepresidentes na nosa executiva provincial”

Lugo, 18 de febreiro de 2016.- “Resulta obvio dicir que nós nos entendemos a dirección provincial do Partido Popular de Lugo como un reparto de sillóns, senón como un equipo compacto, con atribucións concretas para cada un dos seus integrantes, que serán corresponsables das decisións que se adopten e das accións políticas que se desenvolvan”, asegura Raquel Arias.

A candidata á presidencia do Partido Popular de Lugo avoga por conformar unha dirección provincial na que se combine “experiencia e xuventude” pero que, ante todo, sexa unha estrutura operativa, capaz de aglutinar as distintas sensibilidades existentes no partido. E, “por riba de todo”, segundo salienta, “que esté disposta a traballar por e para o partido e por e para dar resposta aos retos que temos por diante, principiando por recuperar a ilusión da nosa militancia e o respaldo da cidadanía”.

Neste senso, aposta por unha executiva cunha importante presenza das bases, “dos militantes sen cargo orgánico nin institucional”; na que teñen tamén peso específico os alcaldes e voceiros municipais e haxa unha nutrida representación territorial.

Nesta estrutura, segundo explicou, “o equipo directivo ten que estar predisposto a fomentar a participación, o dinamismo e a transversalidade en todos os niveis da estrutura organizativa e en todos os ámbitos da acción política”.

Como consecuencia desta “concepción compacta” e en aras dunha maior operatividade, Raquel Arias afirma que “na nosa executiva non haberá vicepresidentes”.

Na súa o opinión, o debate que debe presidir esta fase do proceso no que está inmerso o Partido Popular de Lugo é o modelo, a estrutura e a filosofía do proxecto que cada quen defende e presenta á militancia.

Exit mobile version