Site icon Crónica3.com A Mariña

Raquel Arias: “O futuro da organización interna do noso partido debe sustentarse sobre a descentralización e a corresponsabilidade”

Lugo, 21 de febreiro de 2016.- “Se apostamos pola participación e implicación de todos os afiliados na vida diaria do partido e queremos que a súa opinión teña un peso decisivo na acción política a desenvolver; se queremos impulsar a transversalidade entre os diferentes órganos que conforman o organigrama da executiva provincial, temos inexorablemente que descentralizar a toma de decisións”, explica a candidata popular á presidencia do Partido Popular de Lugo.

Para Raquel Arias é “básico” que cada unha das persoas que conformen a dirección provincial “asuma a responsabilidade total da súa área de competencia”. “Somos un equipo e como tal temos que traballar. Copartícipes na toma de decisións e corresponsables desas decisións”, puntualiza.

“Dixen dende o principio que o noso proxecto conlevaba un cambio de actitudes e de aptitudes e eso implica, entre outras moitas cousas, entender a executiva provincial como unha estructura compacta e viva, predisposta a agrutinar as diferentes sensibilidades existentes e a traballar co maior grao de dedicación posible en aras de fortalecer a nosa formación política. Nunca como un reparto de sillóns”, engade.

En opinión de Arias, o revulsivo que para o propio partido está a supoñer a existencia de dúas candidatura para asumir a dirección provincial “fai xa imparable o proceso de democratización interna do Partido Popular de Lugo”.

O grao de implicación que están a ter os afiliados neste proceso poñen de manifesto a súa disposición a participar activamente na vida diaria do partido e as gañas que tiñan de facelo. “Non hai volta atrás neste cambio de actitude”, conclúe.

Exit mobile version