Site icon Crónica3.com A Mariña

Raquel Arias promete que non haberá “inxerencia” da presidencia provincial nos congresos das agrupacións locais

Lugo, 22 de febreiro de 2016.- “Se quero que este sexa o derradeiro congreso provincial no que non voten os afiliados de xeito directo é lóxico que aposte porque nas agrupacións locais se aplique o mesmo sistema”, afirma a candidata popular á presidencia do Partido Popular de Lugo.

Para Raquel Arias o voto delegado “é incompatible coa participación directa dos afiliados”. “Unha das principais premisas que sustentan a nosa proposta é precisamente incentivar a participación das bases a todos os niveis e en todos os ámbitos do partido”, apunta.

Por elo, asegura que, de ser elexida presidenta, trasladará a petición á dirección nacional e autonómica do partido para que autoricen este cambio no regulamento vixente, ó tempo que proporá un calendario de renovación das xuntas locais “onde a transparencia e a participación serán a chave da renovación” .

Unha petición á que vai aparellada “o seu compromiso” de que no proceso de renovación das agrupacións locais “non haberá inxerencias nin dirixismos por parte da dirección provincial”.

Cada agrupación local terá “liberdade absoluta” para “elixir o seu líder”, favorecerase a presentación de candidaturas e garantizarase “con rigor absoluto” que todos os postulantes “teñan as mesmas oportunidades”. “Nin dirixismos nin inxerencias”, recalca Raquel Arias.

Exit mobile version