Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo lembra ao pobo saharauí no corenta aniversario da súa proclamación como República Democrática

260216 Foto bandeira Sahara2Ribadeo, 27 de xaneiro de 2016.- Do balcón da Casa do Concello colga a bandeira saharauí. Nun acto, celebrado este venres, reuníronse as familias ribadenses que acollen a nenos e nenas chegadas dese país cada verán co alcalde e varios concelleiros para lembrar a ese pobo, cando se cumpren 40 anos da proclamación da República Árabe Saharauí Democrática.

Desde o equipo de goberno sinalan que “hoxe haberá 40 anos que se proclamou a República Árabe Saharauí Democrática. Tras o acordo da vergoña, que supuxo a permisividade internacional para coa ocupación do Sahara por parte do reino de Marrocos, o pobo saharauí reaccionou proclamando a súa independencia e reclamando o seu dereito a decidir o seu futuro”.

E explican que “no verán acollemos ás nenas e nenos saharauís dentro do Programa Vacacións en Paz. Pois agora, no inverno, queremos lembrar a eses nenos e nenas que andan polas nosas rúas coas nosas fillas e fillos compartindo vivencias e aprendendo uns dos outros. Queremos lembrar ao pobo saharauí neste 27 de febreiro de 2016, cando se cumpren 40 anos da proclamación da República Árabe Saharauí Democrática. Liberdade para o pobo saharauí, xa”.

Exit mobile version