Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribeira de Foz celebrou a súa segunda asemblea de socios

IMG_20151114_123328Foz, 27 de febreiro de 2016.- Este venres celebrouse a segunda asemblea de socios da “Ribeira de Foz”, na que unha vez mais se veu a participación e compromiso por os numerosos socios que acudiron a esta, na que se debateu con intensidade durante o transcurso da mesma.

Na mesma fíxose un resumo dos tramites e das amplas actividades que realizamos durante este ano 2015, das que os socios quedaron moi satisfeitos pola xestión feita ata o de agora a pesares da xuventude da asociación, cumprirán un ano no vindeiro mes, e no que tamén expresaron o seu descontento xeral con algunhas das promesas incumpridas polos políticos dos que esperan un maior compromiso.

Nesta asemblea, chegouse a diversos acordos para seguir adiante con tramites pendentes como os de poñer tomas de agua e luz en Porto Chico, para o cal levarán a cabo unha petición de axuda. Tamén se aprobou insistir na eliminación dos requisitos discriminatorios da famosa bonificación por falta de calado, para o cal farán uso da figura do “Valedor do Pobo”.

E aprobáronse algunhas propostas para este 2016;
– Ante a problemática do lixo do mercado que acaba na dársena, despois de debater varias alternativas, acordase: realizar un escrito, para presentar ante Portos e Concello solicitando que se tomen as medidas oportunas para que non se produzan eses feitos, de tirar bolsas e papeis a dársena. Así mesmo, e como medida de concienciación e exemplar, realizarase un martes unha recollida simbólica dende algunha embarcación, e poñeremos un cartel na confraría de pescadores.

– Realizar unha charla técnica de pesca, sobre da modalidade deportiva “jigging”.
– Programar unha excursión a algunha feira náutica, como poda ser a de Vigo.
– Realizar unha cea o comida para todos os socios.

Tamén se recolleron algunhas peticións de arranxos varios para solicitar a portos, como a de tapar uns furados nos finguers dos pantalans que son perigosos, e nos que xa se produciu algún accidente no pasado.

Exit mobile version