Site icon Crónica3.com A Mariña

Sara Fonseca Alonso amosa os seus gravados en Regalxunqueira

saraSara Fonseca Alonso –licenciada en Historia da Arte e con estudos de Grabado calcográfico- recolle, tras participar noutras exposicións colectivas en Madrid e A Coruña, os seus gravados nunha mostra que será inaugurada este sábado 6 de febreiro na sala de exposicións de Regalxunqueira (Viveiro) a partir das 20.00 horas.

“Esta exposición reúne unha serie de obras que resumen a evolución do meu traballo durante os últimos doce anos. Estudei Historia da Arte pero sempre me apaixonou debuxar, a técnica do gravado pareceume sempre algo enigmático e misterioso porque ten a capacidade de chegar a sorprender. Nunca sabes realmente que é o que che vas a atopar cando levantas o papel da prancha. O gravado ten infinidade de técnicas e soportes; A pedra e o aluminio en Litografía, o zinc ou o cobre en Calcografía, a madeira ou o linóleo en Xilografía… son matrices que se poden traballar con lapis graxos, ácidos, gubias e burís… todos requiren dunha técnica que hai que aprender. O gravado é un oficio, co que se consegue a reprodución en serie da obra estampada sobre papel”.

“Para min o gravado é a técnica perfecta para aquel que lle custa desprenderse da súa obra, un sempre pode quedarse cun exemplar realizado.
Neste percorrido pola miña obra pódense atopar diferentes estilos, é difícil lograr unha continuidade xa que cada matriz pídeme unha cousa distinta. Pero agora, véndoo coa perspectiva do paso dos anos podo entrever que todos estes gravados teñen certa calidez que os envolve a todos. Son as miñas creacións coas que compartín anos de aprendizaxe e das que gardo un vínculo moi especial. Todas teñen a súa historia e foron creadas en diferentes talleres, en Madrid, Salamanca, Betanzos, e no meu propio taller de Segovia”.

Dou as grazas a Regal Xunqueira por cederme o seu espazo para que alguén máis que eu e a miña contorna próxima poida contemplar estas obras”.

Servirase un viño e algo de comer.

Exit mobile version