Site icon Crónica3.com A Mariña

Tempo de Entroido

O Carnaval é celebración que, a diferenza doutros costumes de carácter relixioso, foi desenvolvido polo pobo. Tradición moi antiga,deuse xa na época de Babilonia, e data de hai 4000 anos a.d.C.

A festa consiste na exaltación das carnes, críticas ós gobernantes, personalidades e clesiásticas, etc. na subversión e no relaxo na moral cristiá, consentindo costumes que na vida cotiá non serían ben vistas.

En Galicia o entroido ten distintas manifestacións segundo os lugares e as parroquias. Destacan sobremaneira os da provincia de Ourense. Polo que a Foz respecta celébrase dende tempos inmemoriais aínda que o ritual non ten connotacións etnográficas ou antropolóxicas; ou sexa, non se corresponde con tradición cultural algunha. A forma de expresión popular, espontánea, ven dada por un estado colectivo de alegría, en cuxa explosión ten que ver o bó xantar (nestas datas o porco é o rei) e as libacións xenerosas, compoñentes importantes en toda celebración, así como o optimismo, o enxeño e a alegría de vivir das xentes da beiramar. As máis vellas referencias que atopamos do carnaval focego son de primeiros do século pasado e por elas sabemos que o musical – coros, charangas e comparsas que cantaban letras satíricas e poñían na picota aconteceres sociais e a persoeiros singulares ou pintorescos, eran os números mais celebrados.

Houbo tempos de prohibicións para a alegría do carnaval; pero un lembra que, aínda con ese atranco, mesmo na dictadura franquista, nunca deixou de celebrase, o que moitas veces, para obviar as ordes da autoridade, había que afinar a imaxinación e exprimir os miolos…

Hoxe gózase de liberdade para expresarse só coa limitación do respecto ás persoas; pero tamén modos, modas e medios evolucionaron hacia posibles que a teconoloxía pon moito mais doado. Daí que Foz, polo entroido, se converta en lugar de especial atracción para centos de persoas que acuden a presenciar o espectacular desfile de música, luz e cor nun derroche de beleza, arte, humor e enxeño que deixa no espectador a pegada optimista, e novos azos para, recuperado o a veces baixo estado anímico,seguir na inexorable loita da vida…

Suso Fernández

Exit mobile version