Site icon Crónica3.com A Mariña

Tirada de bolos no Centro Social de Vilachá

Xove, 22 de febreiro de 2016.- Tarde soleada e campo seco, en excelentes condicións, perfecto para conseguir grandes tanteos, como así foi.

Liga Senior Masculina.- Xornada emocionante. A victoria de Arturo Vigo fai que consolide a terceira posición na táboa, con 11 puntos de vantaxe sobre Fran Pérez, que seguramente lle serán suficientes a falla de dúas tiradas para rematar a tempada. Pola parte de arriba a vantaxe de José Rafael baixou considerablemente; o segundo posto de Sócrates e a nefasta tirada de Rafa, que se foi ao oitavo posto, reduce a só 8 puntos a diferenza entre ambos, co cal, matemáticamente Sócrates ten a tiro a Rafa. Inda así é unha renda importante, e se Rafa se centra deberían bastarlle para proclamarse campión. Pero bueno, ata o final pode haber sorpresas, e o que si seguro teremos é un bó caudal de emocións.

Salientar tamén a extraordinaria bolada de Arturo que se foi aos 105 tantos, e que seguramente lle darán o premio á mellor bolada da tempada. O campo, dende logo, estaba en perfectas condicións para acadar estes tanteos tan elevados.

Liga Senior Feminina.- Os dous puntos que lle sacou Salomé Cardoso a Belén Meitín, fan que prácticamente a poidamos considerar virtual gañadora desta edición; cun máximo de 14 puntos por disputar, Salomé quítalle 12, o que fan a remontada de Belén prácticamente imposible.

Por detrais, para terceira posición, Carmen Roca recortoulle dous puntos a Salomé Bermúdez, quedando a diferenza agora en 8 puntos, que non lle van ser fáciles de recortar a Carmen.

Salomé Bermúdez, a tiradora máis veterana do torneo, está realizando unha tempada excelente, por non decir extraordinaria. Na tirada deste pasado sábado conseguiu unha bolada de 91 tantos, que lle fará seguramente merecedora do premio final á mellor bolada de todo o campionato, e mostra tamén o nivel ao que está xogando.

Liga Sub 16.- Nova victoria de Miguel López, cuarta consecutiva e sétima nas últimas nove tiradas celebradas. Isto fai que Daniel Alonso se meta en problemas.

Daniel, que rematada a primeira volta tiña prácticamente asegurada a victoria nesta competición, está vendo como Miguel, semana a semana, lle vai recortando á vantaxe, ata quedar agora nuns exiguos 7 puntos. Inda son bastantes, pero bueno, eu se fose Daniel non estaría tranquilo, sobretodo vendo como está a xogar Miguel. Por detrais, Julia López (irmá de Miguel) realizou tamén unha boa tirada, o que a consolida na terceira posición da táboa con 6 puntos de vantaxe sobre Javier Alonso e Juan Manuel Ferro.
Como resumen, a falla de dúas tiradas, nesta categoría inda pode haber un volco espectacular. Dúas xornadas apaixoantes as que nos restan por disputar nesta categoría.

A vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE MORÁS, O 27 DE FEBREIRO, DE 2016.

Exit mobile version