Site icon Crónica3.com A Mariña

Todo está listo para a celebración da V Cea de Gala de Acisa, que se celebrará este venres pola noite

Ribadeo, 25 de febreiro de 2016.- Todo está listo para a celebración da V Cea de Gala de Acisa, que terá lugar este venres a partir das nove da noite no Asador La Quinta. Ao evento confirmaron a súa asistencia a directora Xeral de Comercio, Sol Vázquez; a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias; o vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga; a responsable do Área de Economía e Facenda da Deputación, Pilar García Porto, que asiste en nome do presidente da institución; o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez; a concelleira de Comercio e Turismo, Ana Martínez; e o presidente da Mariña Federación, Ramón Leivas, entre outros.

No transcurso da Gala farase entrega dos premios como ribadense honorífica a Mª Luisa Santiago, de Gráficas Santiago; e como socio honorífico, a Miguel Díaz, de Foto Miguel. O evento será conducido polo xornalista ribadense Daniel Gayoso.

Exit mobile version