Site icon Crónica3.com A Mariña

Volve o teatro a Ribadeo con ‘Ensaio sobre a cegueira’

Sarabela Teatro achega o ENSAIO SOBRE A CEGUEIRA, unha versión escénica da obra mestra do premio Nobel portugués José Saramago, a través dunha montaxe de gran formato.

Sobre o escenario encontraremos nove actrices a actores baixo dirección de Ánxeles Cuña Bóveda, mais o espectáculo tamén incluirá unha filmación cinematográfica dirixida e realizada expresamente por Jorge Coira e Gaspar Broullón, gravada no hospital psiquiátrico de Toén.

A representación terá lugar o domingo 21 de febreiro no auditorio municipal a partir das 20.30 horas. O prezo da entrada será de 5 euros ou 3 no caso de estudantes e persoas desempregadas e xubiladas.

Sinopse
Un home parado diante dun semáforo en vermello fica cego subitamente. É o primeiro caso dunha «cegueira branca» que se expande de maneira fulminante. Internados en corentena ou perdidos na cidade, os cegos terán que enfrontarse co que existe de primitivo na natureza humana: a vontade de sobrevivir a calquera prezo.

Exit mobile version