Site icon Crónica3.com A Mariña

A Casa da Cultura de San Cibrao expón traballos de ganchillo, bordados ou bolillos realizados por asociacións do municipio

Cervo, 18 de marzo de 2016. A Casa de Cultura, de San Cibrao, acollerá a partir do vindeiro luns, día 21, unha exposición de labores feitas por mulleres do municipio, como traballos en ganchillo, bordados ou bolillos. Anunciouno este venres a concelleira de Igualdade, Pilar Armada Carrete.

A mostra, titulada Coas nosas mans, inclúe obras realizadas por socias dos seguintes colectivos: CIT de San Cibrao, Asociación de Amas de Casa Alborada, As Espalladoras, Alumnas de Mari Luz Méndez, Asociación de Veciñ@s Cervo-Sargadelos e Mulleres de San Ciprián. Será inaugurada na sala de exposicións da Casa de Cultura o vindeiro luns ás 17 horas e estará aberta ao público ata o 2 de abril. Poderá visitarse de luns a venres de 11 a 13 horas e de 17 a 20 horas.

Exit mobile version