Site icon Crónica3.com A Mariña

A delegación da AECC en Foz lembra a importancia da prevención do cancro de colon ante a proximidade do Día Internacional desta enfermidade

Foz, 29 de marzo de 2016.- Un ano mais o 31 de Marzo temos que acordarnos do día da Prevención do Cancro de Colon, temos que acordarnos que grazas a investigación, na que colabora a Asociación Española Contra o Cancro, un cancro de colon detectado a tempo pode salvarnos a vida.

O cancro colorrectal e o tumor mais frecuente no noso país e afecta tanto a homes como a mulleres. A idade e un dos principais factores de risco, por iso a partires dos 50 anos e mais probable que poda aparecer. Pero a boa noticia e que este tipo de cancro pódese detectar nas súas fases mais temperáns, antes de que aparezan os síntomas, e aumentar de esta forma as probabilidades de éxito dos tratamentos.

Sen ter moito en conta a idade ai unha proba indirecta, o Test de Sangue Oculta nas Heces (TSOH), que todos podemos facer na nosa casa e que feita de maneira periódica ten como obxetivo comprobar si ai sangue nas heces e ante a máis pequena dubida debese acudir o médico de cabeceira ou pedir axuda a Orientación Sanitaria que nos ofrece a Asociación Española Contra o Cancro, para que os profesionais te informen e así se decida mellor os pasos a seguir.

Este diagnóstico precoz pódenos axudar a aplicar un tratamento temperá que facilita a curación da inmensa maioría dos casos, pero ademais temos que evitar unha vida sedentaria, facer exercicio físico diario, levar unha alimentación saudable, rica en froitas e verduras e baixa en graxas e desta forma axudamos as probabilidades de que non aparezan eses pólipos premalignos que anuncian a posible enfermidade.

Pero o día 31 todos podemos apostar por facer unha dieta saudable e dedicar un pouco do noso tempo o exercicio físico, pero tamén temos a obriga de solidarizarnos cos enfermos do cancro de colon, a eles vai dirixido este mensaxe a todos os que en estes momentos están a padecer a enfermidade e as súas familias, que saiban que non están sos que na Asociación Española Contra o Cancro estamos na obriga de estar o seu carón para axudalos e darlles toda a nosa forza, ánimo e compañía.

Exit mobile version