Serán os traballadores da Área de Promoción Económica e Social os que ofrezan este asesoramento ás empresas luguesas de xeito presencial, no Pazo de San Marcou ou nas propias instalacións das entidades; ou telematicamente a través de email ou teléfono. Toda a documentación publicarase nos vindeiros días en www.deputacionlugo.gal. Máis información en 982-260-227/982-260-085.
Carta de Servizos a Entidades
A Carta de Servizos a Entidades inclúe o seguinte asesoramento:
1º.- Información sobre axudas e subvencións. Estase a elaborar unha base de datos con todas as axudas existentes, e que se irá actualizando periodicamente, para que os empresarios e emprendedores lucenses teñan ao seu alcance toda a información sobre as axudas ás que poden concorrer.
2º.- Creación de Boletíns informativos, nos que se explicarán mensualmente ás empresas que se sumen a esta iniciativa, toda a información que poda ser do seu interese.
3º.- Asesoramento legal, por exemplo sobre a Lei de Protección de Datos ou a Lei de Servizos da Sociedade da Información e Comercio. Ademais, tamén se afondará en aspectos como, por exemplo, os estatutos dos traballadores e convenios, entre outros.
4.- Asesoramento en TIC’s, no que se explicará ás empresas a importancia de introducir as novas tecnoloxías nos modelos de negocio actuais: redes sociais, correos corporativos para traballadores, ou incluso sinatura e facturación electrónica…
5º.- Promoción e impulso do networking interno e externo, así como a importancia da publicidade das empresas. A través do networking promoveranse a realización, de xeito conxunto entre as empresas que o desexen, seminarios e xornadas para, por exemplo, conseguir reducir custos na compra de material ou facer campañas de publicidade conxuntas, que aumenten as ventas e melloren a imaxe das empresas e entidades da provincia.
6º- Aforro enerxético e a racionalización do gasto. Poremos a disposición das entidades os expertos da axencia provincial da enerxía, para que ofrezan medidas de optimización enerxética que permitan, polo tanto aforrar custos ás empresas.
7º.- Contacto directo cos diferentes departamentos da Deputación.