O voceiro explicou que a Comisión estará composta por 5 membros; un Alcalde dun Concello de máis de 10.000 habitantes e outro de menos de 10.000, que serán elixidos democraticamente entre os 43 rexedores dos municipios sumados ao Portal de Transparencia. Tamén formarán parte da mesma un representante da Deputación e dous técnicos do organismo provincial.
Código de Bo Goberno e Regulamento de Participación Cidadá
Santos Ramos salientou que “a primeira función da Comisión será, ademais, de coordinar todas as actividades e informacións que deben facerse públicas no Portal; mellorar o Código de Bo Goberno, que xa ten adiantado a Deputación; así como crear un Regulamento de Participación Cidadá, que se incluirá no propio Regulamento Orgánico da Deputación co obxectivo de afondar na transparencia e na participación cidadá na xestión provincial”.
43 Concellos
Os 43 Concellos son Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín, Muras, Triacastela, Ribas de Sil, Folgoso do Courel, Trabada, As Nogais, Navia de Suarna, Baleira, Riotorto, Samos, O Páramo, Cervantes, Rábade, Portomarín, Meira, Pol, O Incio, Paradela, Xermade, O Valadouro, Lourenzá, Sober, A Pontenova, Abadín, Baralla, Láncara, Becerreá, Begonte, A Pastoriza, Quiroga, Palas de Rei, Monterroso, Mondoñedo, Friol, Castro de Rei, Guitiriz, Chantada, Viveiro e Monforte de Lemos
Bolsa de emprego da Deputación
A Xunta de Goberno aprobou a contratación dun total de 38 desempregados lucenses, a través do Ben Empregado. Traballarán como dependentes de comercio en Lugo; peóns gandeiros e agrícolas na Pastoriza, Pol, Lugo ou Becerreá; deseñador gráfico en Lugo; condutores de camión no Valadouro ou Xerocultor na Fonsagrada, entre outros. Ademais, tamén se acordou unha nova entidade beneficiaria desta programación de emprego, que solicita un Avogado Junior para traballar en Lugo.
Declaración Institucional no Día da Muller
A Xunta de Goberno tamén aprobou unha declaración institucional con motivo do Día Internacional da Muller, que se celebrará o vindeiro 8 de marzo, data na que o organismo provincial ten convocada unha “Quedada Reivindicativa pola Igualdade de Xénero”, ás 19:00 horas na praza de San Marcos.