Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación de Lugo súmase ao minuto de silencio polos atentados de Bruxelas

minutosilencio-lugoDeputados do Goberno Provincial de Lugo sumáronse, xunto ás demais autoridades, ao minuto de silencio pola vítimas nos atentados en Bruxelas, que se convocou diante da Praza do Concello de Lugo. As bandeiras da Deputación de Lugo ondean a media asta dende este mércores, en sinal de dor ante o atentado perpetrado en Bruxelas, dende as 12.00 horas ata as 24.00 horas do 24 de marzo. A Deputación de Lugo quere deste xeito amosar a súa solidariedade cas vítimas deste atentado, cos seus familiares e co pobo belga.

Exit mobile version