Este acordo, asinado o pasado 7 de marzo polo Consello de Europa con Turquía, amosa unha profunda insensibilidade tanto da Unión Europea como dos Estados Membros ante a gravísima crise humanitaria das persoas refuxiadas que tentan entrar en Europa para fuxir dos seus países de orixe, actualmente asolados pola guerra.
Europa está a eludir a súa responsabilidade, ademais de incumprir a legalidade internacional de dar resposta aos milleros de persoas refuxiadas que se amorean nas fronteiras. Con este plan, a UE vulnera a protección que o dereito internacional lles recoñece ás persoas que demandan asilio, considerándoos “ilegais”.
Acordos económicos
Europa chegou un acordo co país turco polo que a UE achega 3.000 millóns polos custes de xestión desta crise, así como outra partida idéntica en 2018. Ademais, neste acordo vai implícito coa eliminación do requisito de visado para as cidadáns turcos en Europa a partires de xuño de 2016 así como a entrada de Turquía en Europa, a pesares das reiteradas violación dos dereitos humanos e fundamentais do Goberno de Erdogan.