Site icon Crónica3.com A Mariña

A directora do Museo de Lugo falará en Mondoñedo sobre “O adorno prehistórico e as xoias áureas na antiga Gallaecia”

A directora do MPLugo, Aurelia Balseiro, impartirá este xoves 17 de marzo o relatorio “O adorno prehistórico e as xoias áureas na antiga Gallaecia”.

A este acto, que terá lugar no Centro de Interpretación do Camiño Norte, en Mondoñedo, ás 12.30 horas, asistirá alumnado do IES San Rosendo.

Este relatorio complementa a exposición ‘A colección de ourivería antiga do MPLugo’, que se pode visitar no mesmo edificio mindoniense desde o 11 ao 31 de marzo. Unha mostra, producida polo MPLugo, que consta de 9 paneis verticais nos que se ofrece unha completa visión, a través de fotografías e textos explicativos, desta colección, con exemplos que abranguen dende o II milenio a. C. ata o século VI d.C.

Exit mobile version