Site icon Crónica3.com A Mariña

A Irmandade de Mulleres da Santa Cruz celebra unha cea o sábado día 2 de abril no Restaurante Louzao de Area

Viveiro, 29 de marzo de 2016.- A Irmandade de Mulleres da Santa Cruz, da Semana Santa de Viveiro, celebra unha cea o vindeiro sábado día 2 de abril, ás 22H no Restaurante Louzao de Area.

Para a mesma invitan a asistir a cofrades e non cofrades coas súas respectivas parellas, e así pasar unha velada de hermandad e convivencia, logo das tensións vividas nesta Semana Grande que acabamos de finalizar.

O prezo do cuberto é de 30€ por persoa cun menú, para todos os gustos. As tarxetas están á venda en Deportes Cota, Sulián, e Bazar Cociña.

No transcurso da mesma sortearanse agasallos e logo das sobremesas animarémonos/animarémosnos con ritmos variados.

Desde a Hermandad animan a acompañalos e gozar duns momentos agradables.

Exit mobile version