Foz, 30 de marzo de 2016.- Coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, cada ano o día 2 de abril, celébrase o Día do Libro Infantil e Xuvenil.
Na librería Bahía celebran este acontecemento dende hai xa varios anos e nesta ocasión farano cunha actividade para nenas e nenos de máis de 4 anos, SIN TÍTULO, así se chama o libro sobre o que imos traballar e xogar. Estarán con eles Rosa López e Paz Quiroga.
Será este sábado 4 de abril ás doce de mediodía. As prazas son limitadas polo que hai que inscribirse previamente.
No enlace seguinte tedes máis información sobre a celebración do día do libro infantil en toda España