Site icon Crónica3.com A Mariña

A Mariña e Gaia celebran o Día da Árbore

Día da árboreBurela, 18 de marzo de 2016.- O Centro de Educación Meidoambiental Gaia ven de desenvolver durante toda esta semana cos usuarios da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña un xogo de pistas para celebrar o Día da Árbore.

Durante toda a semana foron achegando pistas sobre a árbore que lles foi entregada este venres, unha ameixeira.

Estas actividades contribúen a estimular o interese polo medio ambiente e a preocupación polo seu coidado.

Exit mobile version