No s. XIX, as catro mulleres mais ilustres de España foron Concepción Arenal, socióloga, penalista e pensadora; Rosalía de Castro voz, gorxa e alma de Galicia, Pardo Bazán, novelista, sabia e crítica xenial e Juana de Vega, mente política e anxo da caridade… Tense dito que, en Galicia, os grandes homes… eran mulleres. Pero, a carón destas, moitas de non menor entidade espiritual, e miles de oscuras mulleres galegas, que son a alma e o corpo do fogar. “Mulleriñas- dí o autor -ás veces insignificantes ó exterior pero moralmente grandes, que levan a dirección da familia e a miúdo tamén a responsabilidade do sostemento económico…”.
Foz non é a excepción e os focegos que vivimos boa parte do s.XX, somos testemuña de a onde chegaba, en tempos de penuria suprema, a capacidade de sacrificio, de privacións e de esforzo das mulleres do noso pobo. Non precisou o cronista voar do niño materno para descubrir grandeza da muller focega traballadora, emprendedora, abnegada e xenerosa ata límites heroicos: a matrona que, criando once fillos, gastou os seus días nunha permanente entrega á familia, ó traballo e á arriscada iniciativa.Dixo o poeta: “aunque no sé tu nombre/ ni si eres linda o fea/ con flores deja que tus pies alfombre/ que, para honrarla el hombre/ bástale a la mujer que mujer sea”.
No Día Mundial da Muller chegue a tódalas focegas, nestas sinxelas verbas, a expresión da nosa modesta e sentida homenaxe.