Site icon Crónica3.com A Mariña

A nova directiva de ACISA Ribadeo presentarase este venres ante @s soci@s

Ribadeo, 10 de marzo de 2016. Acisa celebra este venres 11 de marzo ás 20.30 horas unha asemblea xeral para presentar e proclamar á única candidatura presentada ás eleccións para proceder á renovación da xunta directiva. Será no salón de actos da Casa Sindical, no número 20 da avenida de Galicia.

David Martínez será o novo presidente de Acisa; Juan Antonio Fernández Andina será o vicepresidente; Susana Tamargo, a secretaria; e Manuela Torviso, a tesoureira. Estarán acompañados nesta andaina por varios vogais, que serán presentados na asemblea deste venres.

Exit mobile version