Regresou a contenda sobre o parqué con 1-1, con máis espreita dos mariñaos. Co paso dos minutos, o encontro cobrou en rapidez e intensidade, con momentos sen dominador claro. Rozando a medianía da segunda parte, ambos porteiros se alzaron como os grandes protagonistas, primeiro Gonzalo ante Iago Míguez e Iago Rodríguez e despois Edu ante Yeray. Volveu ser obstáculo o 1 de Peñíscola a balón parado de Chino, pero o goleador seguiu insistindo tirando de eficacia en picada de Isi para anotar o 2-1 (minuto 30). Respondeu ao momento o Peñíscola co 2-2 de Juanqui. O Pescados Rubén, cun Chano moi incisivo, encontrou de novo a vantaxe nun penalti transformado polo 11 laranxa, tan só un minuto despois. A falta de catro para o final, os de Carlos Sánchez saíron con Yeray en xogo de cinco. Tivo Iago Míguez o 4-2 fronte ao porteiro-xogador no 37, chocando co corpo do rival. Mantívose moi sólido en defensa o Burela FS con Edu moi inspirado. Aínda dispuxeron os mariñaos dun dobre penalti nos últimos segundos que Chino estrelou contra o corpo de Iván Reverte.
CD Burela FS Pescados Rubén: Edu, Iago Míguez, Iago Rodríguez, Carlitos, Antoñito, cinco inicial; tamén xogaron Chano, Isi, Bruno, Chino
Peñíscola RehabMedic FS: Gonzalo, Juanqui, A. Verdejo, Eric Martel, Asensio, cinco inicial; tamén xogaron Josiko, Yeray, Carlinhos, Míchel, Javi Alonso, Fran Conde, Iván Reverte
Goles: 0-1, minuto 3, Juanqui; 1-1, minuto 19, Chano; 2-1, minuto 30, Chino; 2-2, minuto 31, Juanqui; 3-2, minuto 32, Chano (penalti)
Árbitros: Gallo Suárez // Velasco Martínez (Asturias). Por Burela amarela Chino (minuto 27), Antoñito (minuto 40), Carlos. Por Peñíscola amarela a Juanqui (minuto 11), Eric (minuto 27), Míchel (minuto 32), Josiko (minuto 33), Carlinhos
Incidencias: Partido correspondente á 24ª xornada da Primeira División da LNFS disputado no pavillón Vista Alegre de Burela. 800 afeccionados. Minuto de silencio antes do pitido inicial polo falecemento de Sara Mon, nai da cofundadora de Pescados Rubén SL, Cesarina Fanego.