Site icon Crónica3.com A Mariña

A OPP-07 asiste ao Comité Luso Español de Pesca e aos Grupos de Traballo do Consello Consultivo de Augas Afastadas

A ORGANIZACIÓN DE PRODUTORES PESQUEIROS DE LUGO (OPP-07-LUGO), está presente durante esta semana en diversas reunións que teñen lugar para tratar aspectos de importancia para a frota.

Así, o Secretario Técnico, José Manuel Fernández Beltrán, asistiu en Madrid o xoves 10 de marzo, ao Comité Luso Español de Pesca, na Secretaría Xeral de Pesca. Este Comité permite a reunión e o intercambio de opinións dos profesionais da pesca españois e portugueses, e é parte esencial na decisión final sobre o Convenio Hispano Luso sobre pesca, que debe ser renovado este ano. A presenza da OPP-07-LUGO vén xustificada pola afectación directa que a pesca de arrastre de buques portugueses ten nos nosos asociados.

Por outra banda os días 10 e 11 de marzo están a ter lugar en Bruxelas os Grupos de Traballo do Consello Consultivo de Augas Afastadas, órgano ao que pertence a OPP-07-LUGO, asistindo ás citadas reunións a Xerente da organización, Mercedes Rodríguez Moreda.

O Consello Consultivo de Augas Afastadas é de especial interese para a frota asociada á OPP-07-LUGO que traballa en augas internacionais ou de terceiros países, isto é, os Palangreiros de Superficie, así como tamén a frota que se dirixe ao Bonito durante o verán.

Exit mobile version