“Esta actuación sinxela de ordenación do bordo axudará moito a facilitar labores diarias, como por exemplo as de carga e descarga de materiais”.
A Ribeira de Foz espera que “o Concello de Foz cumpra o compromiso que adquiriu con nós e coa confraría de pescadores fai case un ano relacionado con este tema da ordenación viaria deste peirao: a apertura dun pequeno vial duns vinte metros que sirva como novo acceso ao Porto Chico e que solucionaría as dificultades e perigos actuais existentes, xa que actualmente nos veráns, nas datas festivas en Foz cortase a circulación do único acceso a este peirao para vehículos, provocando unha situación de crispación entre os usuarios do peirao por non poder acceder ás súas embarcacións”.
O pasado verán “tras comentar previamente o tema en cuestión co alcade de foz e a policía local, tomouse unha solución provisional, facendo e sinalizando dobre sentido nunha vía estreita existente, pero que entendemos que por ser algo provisional e non ser adecuada para o dobre sentido, ten certo risco, ademais de non ser adecuada esta para circular con carros de remolque para as embarcacións. Polo tanto esperamos que para este verán se cumpra dito compromiso”.