Site icon Crónica3.com A Mariña

A vindeira semana comezan en Ribadeo os microtalleres do proxecto “Factoría dixital, axenda das tecnoloxías primavera 2016”

Factoria Dixital Abril-page-001Ribadeo, 28 de marzo de 2016.- O Concello organiza varias actividades en torno ás novas tecnoloxías. Dan comezo en abril e están encadradas no programa Factoría Dixital, Axenda das Tecnoloxías Primavera 2016, das Concellarías de Desenvolvemento Local e Novas Tecnoloxías.

As actividades programadas para o vindeiro mes de abril principiarán o vindeiro luns, día 4, coa titulada Comunicación, networking con intelixencia emocional. O horario será de 16:00 a 20:00 horas.

Continuarán o martes, 5 de abril, coa actividade que leva por título Identidade persoal: identificación do teu perfil dixital na busca de emprego. I Parte. O horario será tamén de 16:00 a 20:00 horas.

Estas actividades continuarán na segunda quincena do mes de abril. O luns 18 con Estratexias de márketing para o teu negocio cun horario de 16:00 a 20:00 horas.

Completará o programa o martes día 19 o microtaller denominado Optimiza o teu tempo, xestión de contidos, traballo en liña aplicados ao meu negocio. Traballar na Nube. O horario desta será de 14:00 a 16:00 horas e de 20:00 a 22:00 horas.

As persoas interesadas poden solicitar información ou formalizar a súa inscrición na Área de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo, no número de teléfono 982 128 650, na dirección de correo electrónico adl@ribadeo.org, ou na web www.ribadeo.gal.

O lugar de celebración destes microtalleres será o CEMIT de Ribadeo, agás os dirixidos á mocidade, que se inscribirán na Casa da Xuventude.

Dende a organización salientan que non se precisa ter ningún coñecemento técnico para acudir a estes microtalleres xa que todo se ensina desde o principio.

Exit mobile version