Por outra banda, o 11 de abril dará comezo a preparación para as probas de acceso ao Corpo Nacional de Policía e á Garda Civil. Fai uns días que se facía pública a convocatoria de 1.799 prazas de Garda Civil e 2.740 prazas de Policía Nacional. Ramón Hermida, director de Academia A Mariña, destaca que “a inscripción está aberta. Estamos recibindo xa as primeiras. Aínda quedan días e animamos a aquelas persoas interesadas nesta convocatoria pública a que se acheguen por Academia A Mariña para obter a información que consideren oportuna”.
Fitosanitarios
Os días 1, 2, 8 e 9 de abril Academia A Mariña impartirá o curso de fitosanitarios, no seu nivel básico, en Burela, Foz, Taboada, Xinzo de Limia e Verín.
Os interesados en obter máis información sobre toda a oferta formativa de Academia A Mariña poden dirixirse ao seguinte número de teléfono: 982 58 50 98.