Iriarte no seu discurso fixo balance das dúas etapas nas que foi presidente de Acisa: “lévome moitas vivencias desta experiencia, na que o traballo por e para Acisa foi o protagonista. Houbo momentos moi bos e outros que non o foron tanto, pero o meu obxectivo e o dos meus compañeiros de viaxe ao longo destes anos foi facer o mellor para os nosos asociados e para Ribadeo. Grazas a todos e a todas pola vosa confianza e polo voso apoio. Gustaríame tamén pedir desculpas polos fallos que poidamos cometer e animo ao meu sucesor ou sucesora e ao resto da directiva a seguir traballando e loitando para que o comercio, a hostelería e o sector servizos de Ribadeo sigan sendo un referente na comarca e fóra de ela”.
A V Cea de Gala foi moi emotiva, xa que supoñía a despedida de Francisco Iriarte e Roberto Rivas, que estiveron 8 e 10 anos en diferentes postos na directiva de Acisa.
O presidente de Acisa fai un balance positivo da Cea de Gala do venres e pide desculpas “ás persoas que quixeron asistir a esta Gala e que non puideron facelo por cuestións de espazo. Sentímolo moitísimo e animámolos a participar tanto na seguinte como nas diferentes actividades que se organizan ao longo de todo o ano por parte da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo”.