Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfonso Puente mostra satisfacción polo Premio Coopera Galicia 2016 á Mancomunidade da Mariña polo proxecto “elaborado pola anterior directiva”

Barreiros, 8 de marzo de 2016. Satisfacción do alcalde de Barreiros e anterior presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfonso Fuente, polo premio Coopera Galicia 2016 que este luns recibía este ente en Santiago por un proxecto pioneiro a nivel estatal para a loita contra a violencia de xénero.

Fuente Parga lembra que “ese proxecto foi elaborado pola anterior directiva da Mancomunidade de Municipios da Mariña. Nós tamén estivemos en Santiago na entrega dese premio, que onte recollía o actual presidente, Alfredo Llano”. E puntualiza que “a única participación da nova directiva neste programa pioneiro para loitar contra a violencia de xénero foi ir recoller ese premio a Compostela e agora terá que executalo”.

O alcalde barreirense agarda que “ese proxecto se leve adiante na Mancomunidade de Municipios da Mariña lucense o antes posible”.

Exit mobile version