Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfonso Villares preside por primeira vez en Madrid a Comisión de Medio Ambiente da FEMP

Cervo, 7 de marzo 2016.-O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, presidirá este martes en Madrid por primeira vez a Comisión de Medio Ambiente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

Alfonso Villares explicou que “este martes en Madrid vai ter lugar a reunión constitutiva da Comisión de Medio Ambiente da Federación Española de Municipios e Provincias, na que vai ser o Concello de Cervo a través da miña persoa quen presida esta comisión durante os vindeiros catro anos”.

O rexedor municipal cervense engadiu que “é importante destacar que sexa un concello como o noso, de menos de 5.000 habitantes e galego, o que presida unha comisión deste tipo, dada a importancia que ten o medio ambiente neste país”.

Villares rematou comentando que “así eu poderei dicir todo aquilo que nos preocupa, nos afecta e realmente nos importa aos concellos pequenos como o de Cervo, que en certa maneira identifican a nosa autonomía: a Galicia”.

Exit mobile version