Site icon Crónica3.com A Mariña

Amodiño Tenda-Bar e o Espazo Agroecolóxico A Estruga organizan e Ribadeo os “Obradoiros pola Soberanía Alimentar”

Ribadeo, 28 de marzo de 2016.- Amodiño Tenda-Bar e o Espazo Agroecolóxico A Estruga organizan, ao longo deste ano 2016, os “Obradoiros pola Soberanía Alimentar”.

Deste xeito pretenden divulgar o “faino ti mesmo” pero con conciencia, para así poder apreciar o valor e o traballo que agochan as pequenas cousas feitas por un mesmo e tamén reivindicar a importancia global que ten acopiarse de produtos locais e de tempada.

Dende organizar a horta de xeito ecolóxico para autoconsumo, usando preparados naturais para o control de pragas e enfermidades, pasando polo máximo aproveitamento dos nosos produtos a través de obradoiros de cociña e conservas de tempada, ata unha xornada de extracción e intercambio de sementes, para poder preservar as características das hortalizas autóctonas máis salientables, Amodiño e A Estruga queren axitar conciencias con este tipo de accións.

Existen dous xeitos para inscribirse:

1. Todos os obradoiros por 100€ (material incluído), con preferencia nos obradoiros.

2. Por cada un dos obradoiros cos seguintes prezos (material incluido):
– Horta Familiar Ecolóxica (12h) – 30€
– Preparados naturais para a horta (4h) – 15€
– Obradoiro conservas (7h) – 30€
– Obradoiro cociña (7h) – 30€
– Obradoiro extracción sementes – 10€

Ademáis, Amodiño Tenda-Bar elaborará uns menús especiais para os asistentes por 8,00€ para quen queira xantar neste establecemento.

As prazas son limitadas. Inscripcións e información en:
amdinhoribadeo@gmail.com/estrugalugo@gmail.com
982 13 08 12 (Eva) / 687 60 17 08 (Marcos)

Exit mobile version