Site icon Crónica3.com A Mariña

As plantacións para celebrar o día da árbore organizadas pola Delegación Municipal de Medio Ambiente serán este venres tanto en San Cibrao como en Cervo

Cervo, 30 de marzo de 2016.- As plantacións por parte duns 240 escolares de Infantil e Primaria organizadas pola Delegación de Medio Ambiente do Concello de Cervo para celebrar o Día da Árbore serán este venres tanto en San Cibrao como en Cervo debido ás intensas chuvias deste mércores e as previsións meteorolóxicas para este xoves.

A concelleira de Medio Ambiente, Manuela Méndez, explicou este mércores que os alumnos e alumnas do CEIP de Cervo Número 1, de San Cibrao, plantarán árbores autóctonas nesa localidade, concretamente na zona da Ría, este venres, día 1 de abril, ás 10 e cuarto da mañá. E os escolares do CEIP de Cervo farán o propio na zona das Quintas o mesmo día ás 12 do mediodía.

Para esta actividade o Concello de Cervo conta co patrocinio da Fundación Alcoa, que cede as árbores que plantarán os alumnos e alumnas de Infantil e Primaria e tamén outras, ata preto de 5.000, que servirán para completar a repoboación de montes de propiedade municipal en Sargadelos, en San Román e noutras zonas que quedaron sen reforestar.

Exit mobile version