Site icon Crónica3.com A Mariña

Axentes do Servizo de Gardacostas e da Garda Civil comisan 250 quilos de ourizo nun operativo contra o furtivismo en Barreiros

ourizosSantiago, 18 de marzo de 2016.- Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia da Consellería do Mar e da Garda Civil de Burela e de Xove requisaron nos últimos días 250 quilos de ourizo nun operativo de control da comercialización realizado na estrada A-8, á altura de San Cosme de Barreiros, na Mariña luguesa.

Os axentes inspeccionaron un vehículo e detectaron que o ourizo que transportaba non estaba debidamente documentado e incumpría os requisitos regulamentarios de comercialización da especie. O produto comisado tería un valor económico no mercado superior aos 1.200 euros.

Este operativo enmárcase nos traballos de control de comercialización e transporte nos portos e estradas de Galicia. Súmase aos controis da baixamar nas praias na loita contra o furtivismo que desenvolve a Xunta e as forzas e corpos de seguridade do Estado e de Galicia.

A Consellería do Mar lembra á cidadanía que o consumo de marisco extraído e comercializado de xeito ilegal pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale. Por iso pide ao consumidor que non compre produto fóra das vías legais de comercialización.

Exit mobile version