A bendición e Presentación da anda para a Virxe da Esperanza celebrarase este venres 18 de marzo ás 19.00 horas na carpa da antesala do Museo de Viveiro. A Irmandade de Mulleres da Santa Cruz, traballa ano tras ano no proxecto que no 2010 comezou ao poñer en marcha unha nova Procesión, A Esperanza da Resurrección, e con ela todo o que supuxo: Imaxe da Virxe, Traxe e Manto Bordado, Estandarte, Hachóns, 300 Traxes en veludo para levadoras, hachóns, tambores, nenas e aspirantes. O ano pasado afrontouse a preparación do Camarin da Virxe e este ano acometeuse a realización dunha anda e así ir completando o proxecto inicial. Dita anda realizouse nos talleres de Hermanos Caballero de Sevilla, en madeira de Cedro, tallada, seguindo un pouco a cultura das xa existentes en Vivewiro.