Site icon Crónica3.com A Mariña

“Bobas & Galegas (Mofa & Befa no Século d’Ouro)” chega ao Teatro Pastor Díaz de Viveiro

BOBASViveiro, 29 de marzo de 2016.- Sábado 2: Producións Teatráis Excéntricas. Bobas & Galegas (Mofa & Befa no Século d’Ouro). RGTA
Lugar: TPD
Hora: 20.30
Clasificación: Teatro / Comedia
Duración: 85 min
Público: Adultos
Ficha artísticaObra/Espectáculo
Bobas & Galegas (Mofa & Befa no Século de Ouro)
Autor: Quico Cadaval
Dirección: Quico Cadaval
Adaptación: Quico Cadaval
Escenografía: Baltasar Patiño
Deseño son: Fernando Reyes
Deseño iluminación: Baltasar Patiño
Vestiario: Cloti Vaello
Música: Fernando Reyes
Elenco artístico: Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira

Espectáculo candidato ós Premios Max das Artes Escénicas 2015 en cinco categorías: Mellor Espectáculo Teatral, Mellor Director de Escea (Quico Cadaval), Mellor Autor (Quico Cadaval), Mellor Actor Protagonista ( Evaristo Calvo) e Mellor Escenografía (Baltasar Patiño).

Tralo grande éxito de “Shakespeare para Ignorantes” no Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro en 2013, a directora do festival propuso facer una coproducción para estrear o novo de M&B na edición deste ano. Así surxio “Bobas & Galegas”, espectáculo triunfador durante as 4 representación no festival deste ano e producción encargada de abrir o prestixioso escenario do Corral de Comedias de Almagro.

Bobas & Galegas
Un dúo cómico procedente dos límites da delincuencia, Mofa & Befa, foron detidos o ano pasado en Almagro tras inflinxir dolorosas feridas ao inmortal Shakespeare. Postos en liberdade por un erro xudicial, saen da cárcere onde os recluíra a crítica e regresaron a Almagro para saciar a dúa sede de vinganza. Quén é a víctima? O inocente teatro clásico español.

Aproveitando o seu acento, fanse pasar por criados galegos e desgástanse cínicamente en xenuflexións e reverencias para gañarse a simpatía do público. Na cárcere adquirieron unha enfermedade de transmisión textual que lles obriga a falar en verso. tanto lles da a redondilla como o romance, aínda que non lles fan ascos ao agridoce sabor da silva.

Cales son as súas armas? Dous fouces de segador que cortan por igual os trigos e os tópicos. Poden transformarse, para lograr os seus fin, en anxos ou demos, cabaleiros ou bufóns, bobas ou galegas. -Quico Cadaval

Exit mobile version