Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela será escenario o domingo 20 de marzo dun curso de kick boxing e boxeo con Chano e Manolo Planas

Burela, 18 de marzo de 2016. Burela acollerá o vindeiro domingo, 20 de marzo, un curso de Kick Boxing e Boxeo, que organizan a Delegación Municipal de Deportes e o Club Kick Boxing da Mariña de Lugo, que ten a súa sede na vila burelesa.

O curso desenvolverase de 16 a 20 horas no pavillón Vista Alegre. Será impartido por Manolo Planas, que foi 5 veces Campión do Mundo, 4 veces Campión de Europa e 5 veces Campión de España; e por Chano Planas, adestrador de grandes campións como Manolo Planas, Dinky, Marta Brañas ou Valery Yanchi.

O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, sinala que “desde o equipo de goberno apoiamos a todos os deportes e tamén aos minoritarios, como é o caso desta cita que temos o domingo en Burela”.

Manolo Planas é na actualidade o presidente da Federación Galega de Boxeo “e vaise a aproveitar a ocasión para estudar a posibilidade de celebrar unha velada de boxeo en Burela coincidindo coa celebración das festas patronais, ampliando así a oferta de actividades das propias festas”, engadiu o edil socialista.

Exit mobile version