Site icon Crónica3.com A Mariña

Candia recuperará e reforzará a oficina do deputado como un espazo de contacto directo cos cidadáns

Lugo, 1 de marzo de 2016.- O candidatura que encabezan Elena Candia e Ramón Carballo proponse a recuperación e reforzar as oficinas de atención directa ao cidadán, un espazo que servirá para manter un contacto permanente dos parlamentarios populares lucenses coa realidade social das distintas comarcas.

As oficinas do deputado contarán cunha axenda pública na que incluirán, como mínimo, un horario de atención e un programa concreto das diversas reunións que estes representantes públicos manterá cos distintos colectivos cívicos e socias da zona de referencia.

Máis proximidade e visibilidade
Candia considera que revitalizar estas oficinas supón apostar por un novo modelo de participación no partido e para ganar en proximidade, á vez que contribuirá a unha mellor rendición de contas da xestión dos distintos cargos públicos, ofrecendo maior visibilidade ao traballo que se realizan desde as distintas institucións.

“Ao igual que acontece coa ferramenta web e a aplicación para o móbil que estamos deseñando, as oficinas do deputado teñen un bo funcionamento en países como Gran Bretaña, onde funciona unha oficina directa onde por días os políticos atenden dúbidas, preguntas e peticións dos cidadáns e dos militantes”

Tamén a nova dirección
Candia propón ampliar este espazo de atención directa non só aos cargos representativos institucionais (deputados, senadores, concelleiros) senón tamén a aquelas mulleres e homes que formen parte da dirección provincial do PP de Lugo e, moi en particular, aos fichaxes que no ámbito sectorial veñen de sumarse e enriquecer a candidatura que lidera a alcaldesa de Mondoñedo.

Ademais para que a posta en marcha e funcionamento periódico destas oficinas poida desenvolverse con maior axilidade, Candia creará a figura dun coordinador, que formará parte da súa Executiva, e que se encargará precisamente de supervisar esta actividade e revitalizala durante todo o calendario.

Exit mobile version