CERNA organiza un acto de rendición de contas en Foz, o vindeiro venres, 18 de marzo, no edificio Cenima ás 20.00 horas.
CERNA impulsa estes actos para dar conta do traballo parlamentar desenvolvido, así como para recoller ideas e propostas da cidadanía que se achegue.
Baixo o lema “Hai que botar ao PP. Rendimos contas” tratan non só de achegar o traballo parlamentar á rúa, senón tamén de analizar o nefasto legado que deixa o PP tras dúas lexislaturas de Feijóo, estarán as deputadas Consuelo Martínez García, portavoz de CERNA, e Mónica Fernández Rodríguez, presentadas por Xosé Lois Moreda.
“Animamos á cidadanía de Foz de achegarse para coñecer, entre outras, as iniciativas rexistradas sobre a zona da Mariña, pois CERNA reclamou á Xunta que se proceda ao “desenvolvemento dos proxectos de dragado do Porto e do Peirao de Tupide na vila de Foz”, así como que se “presente un cronogroma acompañado do proxecto e das partidas orzamentarias que vaian dirixidos a solucionar os problemas de dragado nas dársenas de Celeiro e Burela, asi como como as medidas que se van adoptar para mellorar o espigón de Morás en Xove”
Consuelo Martínez, da Portavocía de CERNA