Pero chegar a este punto non foi un camiño exento de atrancos, empezando polos que pretenderon poñer socialistas e nacionalistas desde a súas responsabilidades de goberno afortunadamente hoxe malogradas. Ata en tres ocasión as forzas do bipartito negáronse a apoiar a posibilidade de que o polígono industrial da Cuíña fora incorporado ao plan que establece os emprazamentos onde se autoriza a posta en marcha de novas piscifactorías ou a ampliación das existentes.
Contra esa decisión –inxusta e claramente discriminatoria- atopáronse a posición decidida do Partido Popular xa que logo non podíamos renunciar a potenciar un emprazamento, especialmente acaído para o impulso da acuicultura, no que había solo dispoñible, próximo ao mar, con condicións ambientais e de calidade das augas inmellorables. E así o fixemos ver, entre outras, impulsando –eu mesmo na miña condición de deputado- distintas iniciativas no Parlamento de Galicia que reverteron o boicot inicial, recuperando unha posibilidade xusta en beneficio do futuro de Cervo.
Resulta evidente que non é o mesmo que gobernen uns que outros: O Partido Popular sempre foi favorable a promover calquera iniciativa que, desde o máximo respecto ambiental, xere novas oportunidades de emprego. Hoxe Cervo destaca por méritos propios entre os puntos de Galicia nos que se desenvolve unha acuicultura responsable e vangardista. Trala adquisición de 24.000 metros cadrados adicionais, e a creación de dúas novas plantas, dedicadas ao cultivo de rodaballo e linguado, o polígono volverá a recuperar un auxe capaz de situarnos, unha vez máis, como capital galega de acuicultura, un obxectivo cada día máis próximo.
Jose Manuel Balseiro.