Neste encontro, Campos subliñou “o traballo tan importante que realizan as asociacións veciñais, sobre todo na provincia de Lugo”, ao tempo que lembrou que dende o ente provincial “apostamos pola participación directa dos veciños, coa posta en marcha do Goberno Aberto”.
O Presidente fixo fincapé na participación cidadá como un dos eixos nos que xire a actividade provincial. “Dende a Deputación obtivemos experiencias deste tipo como a través da elaboración dos orzamentos participativos, nos que se contou coa opinión de máis de 55.000 veciños”. Neste senso, Campos Conde aproveitou para anunciar a posta en marcha duns novos orzamentos participativos o vindeiro ano, co fin de introducir e conformar o orzamento provincial dentro do Regulamento Orgánico.
Dixo ademais que a Federación lucense foi a abandeirada na defensa das necesidades dos veciños da provincia, a través das ILP , referendada por máis de 41.000 persoas que demandaban Hemodinámica 24 horas, Medicina Nuclear e Radioterapia.
Pola súa banda, a Alcaldesa de Lugo, Lara Ménez, destacou o papel do movemento asociativo veciñal, “un mecanismo fundamental para crear unha sociedade máis integradora e axustada á realidade e un piar fundametal da democracia, pois canaliza a representación de todos os vecinos e veciñas ante as institucións públicas”.
A rexedora convidou aos movementos veciñais “a seguir facendo propostas en positivo e a seguir facendo cidade entre todos” e lembrou as últimas iniciativas veciñais postas en marcha, capaces de conseguir avances sociais e reais. Neste senso, lembrou que foron capaces de mobilizar a máis de .15.000 peroas nas rúas de Lugo par reclamar hemodinámica, radioterapia e medicina nuclear, así como a posta en marcha recentemente da plataforma Lugo, non perdas o tren, para reclamar servizos ferroviarios dignos para Lugo.
“Creo no movemento veciñal e en cada un dos veciños do municpio, na política participativa e no exercicio da cidadanía”, asegurou Méndez, quen tamén agradeceu o esforzo de todos os veciños.
Licitación da estación intermodal
Fernández Vázquez aproveitou a recepción para felicitar tanto á Deputación como ao Concello polas iniciativas sociais que están levando a cabo. “O que facedes en Lugo é un exemplo para o resto das provincias”, asegurou.
Por último, José Manuel Carballo, esixiu a licitación da Estación Intermodal de Lugo, que xa ten o proxecto realizado