Site icon Crónica3.com A Mariña

Constituída a Sociedade Xuvenil Galega de Química

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2016.- O pasado 22 de marzo, formalizouse a creación da Sociedade Xuvenil Galega de Química. O acto de constitución tivo lugar na Facultade de Química da Universidade de
Santiago de Compostela.

A creación da SXGQ busca a posta en valor da investigación galega nas Ciencias Químicas tanto en Galiza como no resto do mundo, traballar para normalizala e que a concepción da sociedade sobre a ciencia mude e facerlle entender a importancia que ten no seu día a día. Isto pasa por achegar a ciencia en si mesma e dar a coñecer as estruturas que a soportan. A divulgación non pode ser baleira de contido e debe ter un trasfondo crítico e transformador; por iso proponse falar de temas como os modelos territoriais de investigación, o uso da lingua ou a situación da muller na ciencia. Neste sentido, entre as actividades prioritarias atópanse conferencias e artigos de divulgación. Nun plano máis ambicioso, outras como a creación dun ciclo de conferencias destinadas a doutorandas/os e grupos de investigación.

Traballarase tanto no eido universitario como en centros de ensino medio e centros de ensino superior non universitario.

Exit mobile version