Darío Campos amosouse especialmente orgulloso de recibir aos alumnos do seu Concello “sodes os meus veciños, e en parte tamén responsables de que eu este aquí hoxe. Por iso hoxe é un dia especial para min, e síntome especialmente orgulloso de recibirvos na Deputación, que dende agora tamén é a vosa casa”.
Subliñou a importancia dos intercambios nesta etapa escolar “é unha boa oportunidade para que os alumnos que nos visitan descubran a nosa riqueza cultural e a nosa historia, pero tamén son vitais para o voso desenvolvemento persoal ”.
Campos Conde aproveitou a presentación cos alumnos para explicar a función primordial da Deputación “a nosa función aquí é a de prestar cooperación cos concellos pequenos, tanto a nivel xurídico, económico ou técnico, é dicir, axudarlles a desenvolver a súa actividade diaria”.
Ileana Romano, profesora italiana agradeceu o “agarimoso recibimento”, de Campos na Deputación, e dixo sentirse “moi contenta de poder participar nesta visita”.
Os alumnos percorreron o Pazo de San Marcos, e visitaron o Salón de Plenos, Sala de Xuntas, Salón verde, Xardíns e Sala de Exposicións. O acto rematou coa entrega de agasallos institucionais.