Site icon Crónica3.com A Mariña

Elena Candia acada máis compromisarios que Raquel Arias na Mariña lucense

Lugo, 3 de marzo de 2016.- A candidatura que encabezan Elena Candia e Ramón Carballo foi quen de acadar o aval de máis compromisarios electos da Mariña lucense dos que suma a opción da outra candidata.

A ex presidenta da Deputación dispón do 56% dos compromisarios que representan aos concellos da bisbarra do norte lucense, máis en concreto, conta co avais procedentes das agrupacións locais de Viveiro, Xove, Ribadeo, Mondoñedo, O Vicedo, Cervo, A Pontenova, O Valadouro, Alfoz, Lourenzá e Trabada.

Tanto en Foz como en Burela suma, neste caso, compromisarios natos.

Candia quixo agradecer a confianza recibida polos militantes da Comarca na que reside e onde exerce como alcaldesa de Mondoñedo, e así o transmitiu nun encontro que mantivo cos compromisarios na tarde de hoxe en Viveiro.

A aspirante á presidencia do Partido Popular de Lugo esbozou, unha vez máis, as liñas mestras do seu programa e insistiu na necesidade de multiplicar os espazos de participación e transparencia da militancia e en facer unha política de maior proximidade cos colectivos sociais e cos cidadáns e, nesa liña, deu conta dos instrumentos que pretende poñer en marcha para conseguilo.

Exit mobile version