Site icon Crónica3.com A Mariña

Encetando a vida

Moitas veces tendemos a pensar que no pasado vivíase mellor. Pero como di un amigo meu, o pasado, por moitos recordos que uno acumule, non é máis que unha ficción da mente que cada un pode transformar ao seu antoxo. Antonio Machado escribiu que hoxe é sempre aínda, entre outras cousas porque Machado era un home sabio que tamén sabía que o futuro non é máis que outra entelequia que creamos ao noso antoxo cando necesitamos escapar da realidade por algún camiño.

Neses pasados que recreamos nós sempre eramos menos sabios e non coñeciamos o que agora mesmo temos diante, pero cando nos imos aínda máis lonxe no tempo e creemos que en Roma ou no Exito dos faraons vivíase mellor que agora entón si é certo que todo é máis literario do que parece. Recordo un amigo que me dixo un día que el querería vivir no mesmo momento histórico que don Quixote, e que o seu soño era coincidir con el neses camiños da cabalería e a aventura. Falaba de Alonso Quijano coma se fose un personaxe real, e dalgún xeito, por iso falo todo o intre de ficción, é verdade que Alonso Quijano é máis certo que o propio Miguel de Cervantes Saavedra.

Onde si me contradigo cando falo do pasado é na comida. Todas as nais din que o cocido non lles queda igual que o das nosas avóas, e nós dicimos que os nosos cocidos non se parecen aos que facían esas mesmas nais cando eramos pequenos. Vale que poida que os nosos devanceiros tivesen máis xeito para o culinario, pero para min que a clave está sobre todo na materia prima. Nin as zanahorias, nin a carne, nin as patacas ahora vitimas de un verme noxento que as fura como si estivera buscando un tesouro, saben como sabían fai anos, e tampouco temos todas as prevencions que tiñan entón, aquelas especias que gardaban como ouro en pano e cuxas mesturas conseguían que cada comida soubese diferente ao resto. As prevencions témolas case esquecidas, e é unha palabra fermosa do noso acervo que ademais acerta co que conta. Tamén temos esquecida outra palabra da que me falou un amigo fai un tempo. Eu non a coñecía, pero o outro día preguntei polo seu significado a uns maiores e todos acertaron sobre o que indicaba. Falo de encetar. Unha palabra que memoricél para non perdela nese escotillón polo que estamos perdendo o léxico dos nosos avós. Encetar é catar ou probar algo. E diso trátase, de ir encetando nosos propios días para que ningún deles se nos vaia das mans. Tamén hai que ter sempre escondidas en algures esas prevencions que nos salven nos malos momentos. Valen libros, cancións, abrazos paisaxes ou paisanaxes. E si non aí están as ondas gravitacionaes que predixo Einstein. O que ti mesmo xeneresres será ao final o único que atopes.

Otero Regal.

Exit mobile version