Site icon Crónica3.com A Mariña

Evacuado por precaución o aparcadoiro do Hospital de Burela por un escape de helio

Un camión de resonancia magnética sufriu este sábado un pequeno escape de helio no Hospital de Burela.

Os servizos de seguridade do centro informaron ao 112 Galicia ás 07.15 horas. Segundo explicaron, escoitaron unha pequena explosión na unidade de resonancia e tamén vían saír fume do camión.

O persoal do 112 Galicia informou aos Bombeiros de Barreiros e ao GES de Cervo. Nun principio, por precaución, decidiuse evacuar o aparcadoiro do hospital, aínda que o escape non supoñía ningún perigo para a poboación.

A situación na zona xa está normalizada e o aparcadoiro xa está aberto de novo.

Exit mobile version