Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxito de público e de participación no IV Open de Semana Santa Logo Design Studio, disputado do 24 ao 27 de marzo

290316 Foto primera masculina Open Semana SantaRibadeo, 29 de marzo de 2016.- Éxito de público e de participación no IV Open de Semana Santa Logo Design Studio, que se disputou do 24 ao 27 de marzo nas instalacións de Pádel Club Ribadeo, organizador do evento.

O campionato contou coa participación de 168 xogadores en cinco categorías: primeira, segunda e terceira masculina; feminina e mixta. Os ganadores da primeira masculina recibiron un premio de 250 euros e 150 euros para o subcampión. Para as outras catro modalidades os premios consistiron en material deportivo. Ademais, houbo sorteo de agasallos para os participantes.

Os ganadores do IV Open de Semana Santa Logo Design Studio foron:

1ª Masculina: Marcelo Torres-Enrique López “Kikín”
Feminina: Alba Fernández-Patricia Fanego
2ª Masculina: Antón Menéndez-Javier Menéndez
3ª Masculina: Jesús Folgueiras-José Manuel López
Mixta: Patxi López-Beatriz Pardo

Desde Pádel Club Ribadeo agradecen a asistencia e participación no torneo e tamén o apoio ao patrocinador principal Logo Design Studio e ás demais firmas colaboradoras.

Exit mobile version