Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxitos para as E.D. Lourenzá nas Carreiras Populares de Quiroga e Portomarín

carme en centro imaxeLourenzá, 29 de marzo de 2016.- O pasado venres desprazábanse varias balas das Escolas á carreira popular con motivo da feira do viño de Quiroga. Vencía na Categoría Infantil Feminino Carme Alonso. Ademáis participaron Xabi Sordo, Marcos Graña, Cecilia Gómez, Claudia Graña e Marta Alonso.

E o domingo pasado día 27 de marzo as balas non podían faltar a unha nova cita de populares, neste caso en Portomarín.

En Prebenxamín victorias para Xabi Sordo en masculino e para Henar Méndez en feminino.
En Benxamín/Alevín pratas para Iria Rguez en feminino e Ian Méndez en masculino.
En Infantil/Cadete/Xuvenil prata para Ainara Rguez. só superada pola recente Campiona de España en 3000 do Lucus Sara López. Ademáis 4º posto para Carme Alonso, 8º para Marta Alonso e 5º para Cristian Piñeiro.

Exit mobile version