Site icon Crónica3.com A Mariña

FPF insta ao Concello de Foz a reparar a pasarela peonil na ponte de Vilaxoane

vilaxoaneO Grupo Municipal de “Foz Plataforma de Futuro” presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Na zona de Vilaxoane, existe a ponte sobre o río Centiño no barrio da Pena, esta ponte dispón de dúas pasarelas para peóns a ambos lados da estrada, sen embargo a do marxe dereito saída Foz, atópase dende fai moitos anos nun estado intransitable e perigoso (axuntamos foto), o que supón un serio risco para os peóns que circulan por ese lado, xa que o non poder pasar por dita pasarela teñen que usar a estrada.Así mesmo o seu estado de abandono da unha moi mala imaxe do noso pobo.Nunha reunión que os Concelleiros de FPF mantivemos cos representantes veciñais deste barrio,foi unha das cousas que nos solicitaron que se debería solucionar.

Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte ACORDO:
-Instar ó equipo de goberno do Concello de Foz a proceder á limpeza e reparación da pasarela peonil existente no marxe dereito dirección saída Foz, na ponte de Vilaxoane, no barrio da Pena, para eliminar o paso de peóns pola estrada e así poidan ir polo sitio habilitado para estes.

Exit mobile version