Da comisión de seguemento, constituida esta mañá segundo o estipulado no convenio, forman parte o secretario xeral e o vicesecretario xeral da Subdelegación do Goberno, Constantino Rodríguez e Luis Torres; a xerente do Colexio Provincial de Avogados, Mercedes Alvite; e o director da Escola de Práctica Xurídica ‘Decano Pedro González” e coordinador do Máster oficial en Avogacía, Miguel Ángel Caraduje. A comisión, que se reunirá cando menos unha vez durante a vixencia desta colaboración, tratará os problemas derivados da interpretación e execución do convenio.
CARACTERÍSTICAS DAS PRÁCTICAS
A Subdelegación do Goberno comprométese, co citado convenio, a acoller a alumnos do mencionado máster durante un período de tempo de 75 horas, responsabilizándose da súa formación durante a súa estancia.
O interese do Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas na suscripción deste convenio de colaboración, baséase no convencemento de que a acollida dos estudantes no ámbito da Subdelegación suporá unha experiencia enriquecedora para os estudantes, no que se refire á súa preparación como futuros xuristas, e tamén para os empregados públicos, que poderán compartir experiencias laborais co mundo universitario.