Site icon Crónica3.com A Mariña

Gran afluencia de público ao primeiro Vilou Fashion Friday

Acial Lourenzá organizaba o Venres Santo o seu primeiro desfile de Roupa e Complementos, coa colaboración do Concello de Lourenzá, e que denominaba “Vilou Fashion Friday”.

A pesar de que só participaron Calzados Charlot e Mercería Conde Santo o recinto feiral onde estaba colocada a pasarela quedouse pequeno pola afluencia de xente que tivo.

Dende a Acial queren dar as grazas a peluquería Mª José, Cabaleiros Xardin e Viveros Cabaleiros, Muebles Huertas, Kativos Ocio y Formación, Asociación Conde Santo, aos modelos participantes, a todo o público asistente tanto no desfile coma na cea baile posterior, ao Catering Chao da Brea, ao Trio Verdemar e sobre todo a Calzados Charlot e Mercería Conde Santo por formar parte deste primeiro desfile, polas súas ganas e ilusión.

Agardan poder contar en vindeiras edicións con máis participantes e que este desfile sexa unha cita anual ao que acudir.

Ao final do desfile fíxose o sorteo dos vales de compra da ruta de tapas, que tivo lugar en Lourenzá os días 18, 19 e 20 de marzo.

Os agraciados foron: Raquel Picoaga, Rubén Fernández Veiga e Pedro Sánchez Marful, cada un deles leva un vale de 100 € para gastar no comercio asociado.

Exit mobile version